︎︎︎

Desconcierto Cultural dinamizou a cultural galega a través de iniciativas e proxectos musicais sen ánimo
de lucro.

Esta web recolle a actividade da asociación durante a súa década de vida.


︎︎︎


CortaPega


CortaPega dou pulo ás propostas máis arriscadas e alonxadas das habituais canles de promoción. Puxeronse en valor a música electrónica destacando proxectos propios de Galicia e artistas emerxentes de ámbito nacional e internacional para sentar as bases e fomentar novos comportamentos musicais dentro da escena musical galega.

A nosa aposta electrónica prolongouse en seis edición, consolidandose coma un referente das manifestacións e propostas máis experimentais e vangardistas de Galicia.

︎︎︎


TerraZeando


TerraZeando é música, lugares recónditos, pequenos espazos de Santiago de Compostela que aúnan beleza, fraxilidade e singularidade.

TerraZeando foron tardes de verán ao fresco, en lugares que non son habitualmente utilizados para eventos culturales, sitios con encanto nos que a música logra amplificar as emocións.

TerraZeando foi proximidade e fidelidade, porén tratamos que todo os concertos fosen gratuitos, para agradecer o compromiso dos socios e todo o público que nos arroupa nos eventos que se organizaron ao longo da nosa actividade.

TerraZeando foi eclecticismo, pois a proposta de bandas foi diversa e vivaz, sempre tratando de buscar opcións idóneas para sonorizar estes espazos peculiares.

︎︎︎


 

Placeres Ocultos


Un dos proxectos de maior percorrido en DSCC. Con máis de seis anos activo recivíun máis de trinta artistas convidados.

O ciclo non se articulou en torno a datas ou espazos concretos, e buscaba presentar propostas alonxadas dos circuitos convencionais. Apostas descoñecidas moitas veces incluso polo público máis especializado e que acolleron tanto a sonidos artesán e emotivos como do mundo kraut e da indietrónica. Neste tempo viaxamos ao pop máis redondo e clásico facendo escala en outras propostas máis escuras e oníricas.

Tódalas citas aúnan unha enorme proxección artística; pequenas pedras preciosas que fixeron as delicias do oínte máis esixente.

︎︎︎