TerraZeando



Oito veráns

Dende a primeira edición en 2012 o ciclo tivo continuidade durante oito veráns consecutivos ate a forzada pausa do 2020.

A actividade ao longo destes anos tradúcese nunha programación de máis de 50 concertos. A eclética selección camiña entre diversos estilos e etiquetas, pero sempre cunha marcada sonoridade estival.