O 4 de Xuño de 2022, coa satisfacción de ter o deber cumprido, convocabamos a toda a comunidade Desconcierto para o noso último acto. Un día de música, praia, mexillóns, amigos e apertas que misturaban despedida e cariño, de toda esa xente que nos apoiou incondicionalmente.
O lugar pra pór o broche de ouro non podía ser outro que a marabillosa Illa de Arousa. O escondite de Punta Cabalo, que marcou moitos veráns da Asociación, acollíanos unha última vez para pechar unha década adicada á música e á cultura.
13:00
Músculo! DJs
DJ Tristón
13:30
Familia Caamagno
Belvés
(concerto sorpresa)19:00
Birds are Indie
Stone Dead
Pablo Und Destruktion
Soledad Vélez
01:00
Desconcierto DJs
Belvés.
Pablo Burgués non quería perder a cita e propuxo unha pequena sorpresa, íntima e directa, recollidos nunha sombra coas ondas do mar de fondo para acabar de inundarnos de dozura e enerxía.Birds Are Indie.
Dende que en 2010 Joana Corker, Ricardo Jerónimo e Henrique Toscano decidiran xuntar amor e música foise dando forma a un proxecto absolutamente descomplicado, cun estilo inconfundible cargado de folk, pop, cancións simples e, iso, amor. O seu directo vestiu Terrazeando en 2012 e pensamos que a súa tranquilidade e imaxinación no escenario, a coidada instrumentación do seu directo, farían un concerto ideal para un día no que debíamos desfrutar sen presa.Familia Caamagno.
Intensa vida a que levan os de Sigüeiro sementando directos esmagantes e colleitando recoñecementos. A Familia Caamagno escusa presentacións despois dunha década tinguindo de acedo garaxe e rock’n’roll. Hoxe recuperan himnos xeracional pero levan tempo xa espallando o espírito dos 60’ e facéndonos bailar.Pablo Und Destruktion
2014, primeira edición do Primos Hermanos, Santiago de Compostela. Descubrimos a un cantante difícil de clasificar, que parece moverse cómodo entre distintos estilos e cunhas letras que piden máis escoitas para descubrir a súa verdadeira dimensión.2022, Desenlace, Illa de Arousa. 8 años e varios discos despois, Pablo Und Destruktion chega ao noso acto final como referente indiscutible entre os artistas con discurso propio, unha identidade inconfundible a pesares dese estilo bastardo que bebe de tantas fontes. Empeñado en converter cada concerto nunha celebración e nun acto de confesión, velo acompañado da súa banda ao completo é simplemente a forma perfecta de pechar o círculo.