Alén do Miño e das entrañas do Gerês, Portugal, tan cerca e as veces tan extrano, de cando en vez olvidado, pero amado pese a todo… Recreios achegou novas propostas musicais lusas como mostra do vivo latexar cultural do país irmán. Pequenos comprimidos rítmicos dispensados en dúas edicións, a de 2015 e 2019, cargadas de novidades e apostas independentes.


2015.
PAUS
Coelho Radioactivo


13 Marzo, Zona C, Compostela.

Coelho Radioactivo é Jõao Sousa, Novo Talento FNAC Portugal en 2013, que experimenta con sonidos folk proxectados cara atmósferas electrónicas, ritmos circenses e de cabaret. O artista procedente de Aveiro presentou nesta ocasión “Cançoes Mortas” (Gentle Records, 2014).

Paus combina hardcore e psicodelia con tintes tropicais. A dobre batería convierte os seus directos nun espectáculo vibrante, altamente bailable e suoroso. Fichados por El Segell do Primavera Sound, abriron a bandas como Radiohead o Caribou colandose nos carteis de importantes festivais internacionais.




2019.
Gator, The Alligator
Cassete Pirata
Sallim
Birds Are Indie, DJs


25 Maio, Xardin de Xulia + Riquela, Compostela.

Dende Barcelos, Gator, The Alligator é a hiperactividade subida ao escenario, puras descargas eléctricas en forma de ondas sonoras.

Cassete Pirata, cun longo percorrido, desborda personalidade no seu son até ser recoñecidos pola crítica coma unha das novas bandas máis prometedoras do panorama musical portugués.

O punto pop correu a cargo de Sallim que presenta, con elegante melancólia, o seu segundo álbum “A ver o que acontece

Para pechar a noite, Birds Are Indie DJs estarán ao mando dos platos na sala Riquela.

A xornada completouse cunha oferta gastronómica a cargo do Curro da Parra e O Pazo de Altamira.