Un dos proxectos de maior percorrido en DSCC. Con máis de seis anos activo recivíun máis de trinta artistas convidados.

O ciclo non se articulou en torno a datas ou espazos concretos, e buscaba presentar propostas alonxadas dos circuitos convencionais. Apostas descoñecidas moitas veces incluso polo público máis especializado e que acolleron tanto a sonidos artesán e emotivos como do mundo kraut e da indietrónica. Neste tempo viaxamos ao pop máis redondo e clásico facendo escala en outras propostas máis escuras e oníricas.

Tódalas citas aúnan unha enorme proxección artística; pequenas pedras preciosas que fixeron as delicias do oínte máis esixente.