2018. VII Edición


Baywaves dan a benvida a unha edición máis viaxando entre o dream, a psicodelia e os elementos electrónicos para conxugar psych-pop ácedo e de tódalas cores. Dende o sur achegaranse dúas propostas ben diferentes, por un lado o intimismo, a paixón e a psicodélia de Helen & Shanna, e por outro, o contundente directo de Kings of The Beach que apostan por un equilibrio de calidade, enerxía e diversión onde o garage e punk rock fluen sen complexos.
Contamos cuns dos culpables do rexurdir da escena pamplonesa nos últimos anos; Exnovios mixturan o son reververado de bandas como Brian  Jonestown Massacre ou  Spiritualized con melodías que evocan ao pop ibérico dos anos 60 nunha mezcla altamente adictiva. Pola contra, Alberto & Garcia, unha formación de sete con directos espectaculares, funde o pop máis clásico con estilos tan diversos como a música de baile, a electrónica, o soul ou o folclore sudamericanoo. Sumaranse á cita Los Reyes Magos estrenando a seu primeiro traballo onde facturan pop psicodelico sureño.

Baywaves (Madrid)
Kings of The Beach (Vigo)
Dear Telephone (Porto)
Los Reyes Magos (Sevilla)
Exnovios
 (Pamplona)
Alberto & Garcia (Oviedo)
Helen & Shanna (Vigo)