Dende o verán de 2012 aproveitamos lugares especiais de Compostela para programar música en directo. Terrazas, prazas e espazos singulares que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xeradas dun concerto encheronse de música. Pretendiamos, ademais, dar a coñecer eses recunchos escondidos da vista do tránsito diario e a especial arquitectura da cidade.

TerraZeando é música, lugares recónditos, pequenos espazos de Santiago de Compostela que aúnan beleza, fraxilidade e singularidade.

TerraZeando foron tardes de verán ao fresco, en lugares que non son habitualmente utilizados para eventos culturales, sitios con encanto nos que a música logra amplificar as emocións.

TerraZeando foi proximidade e fidelidade, porén tratamos que todo os concertos fosen gratuitos, para agradecer o compromiso dos socios e todo o público que nos arroupa nos eventos que se organizaron ao longo da nosa actividade.

TerraZeando foi eclecticismo, pois a proposta de bandas foi diversa e vivaz, sempre tratando de buscar opcións idóneas para sonorizar estes espazos peculiares.



Unha cidade*, oito edicións, dezanove espazos, máis de cincuenta concertos.


Unha cidade chea de música


Compostela é a sede central da nosa actividade, e punto neurálxico onde se desenvolve TerraZeando. Os excepcionais parques e os pequenos espazos da cidade vella son o marco idóneo para as propostas deste ciclo. Na edición XX trasladamos a programación a Coruña.

Oito veráns


Dende a primeira edición en 2012 o ciclo tivo continuidade durante oito veráns consecutivos até a forzada pausa do 2020. A actividade ao longo destes anos tradúcese nunha programación de máis de 50 concertos. A eclética selección camiña entre diversos estilos e etiquetas, pero sempre cunha marcada sonoridade estival.


Facendo cidade


O noso agradecemento infinito a tódolos colaboradores que apoiaron e deron acubillo ao ciclo durante estes anos.

O cliché tórnase realidade e Terrazeando non sería posible sen a súa axuda, paciencia e agarimo.


Bar Olvido︎Concello da Coruña︎Concello de Santiago de Compostela︎Finca do Espiño︎Fundación Luís Seoane ︎Fundación Granell︎Fundación SGAE ︎Granxa do Xestoso︎Hotel Costa Vella︎Hotel NH Collection︎La Mar Salada︎O Afiador︎O Sendeiro︎O Tragaluz︎O Xardín de Xulia

E música...
Moita música.


Música de tódalas cores e formas, sons próximos e propóstas lonxanas.
O tempo consolidou a TerraZeando como unha programación sólida e ecléctica, capaz de combinar estilos e vestir o verán coa mellor música.